BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

6/5/15

EDUCACIÓN VIARIA NO COLEXIO

A semana do 4 ao 10 de maio conmemórase a III SEMANA MUNDIAL PARA A SEGURIDADE VIAL promovida pola ONU. Esta campaña vai dirixida á protección das nenas e dos nenos e busca mellorar a seguridade de todas e todos nós. Desde o cole e coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico temos previstas varias actividades para mellorar a nosa educación viaria: comportamento na vía pública como peóns e como conductoras e conductores de vehículos (bicis, karts), medidas de seguridade, normas de circulación e sinais de tráfico...

Participamos nunha charla formativa na biblioteca do centro, un circuito de karts montado no patio para practicar e unha sesión na aula de informática para traballar cuns xogos de educación vial.